Saturday 18 de May de 2024

Rexistradas 105 denuncias durante o estado de alarma por vulnerar o confinamento


 

Dende o inicio do Estado de Alarma, Ribeira rexistrou un total de 105 denuncias por vulnerar a obriga de confinamento, que foron interpostas ben polos axentes da Policía Local, ben polos do Corpo Nacional de Policía.

Así informou o xefe da Policía Local de Ribeira, José Manuel Bretal, no transcurso da Comisión Municipal de Seguimento da Evolución do COVID-19, quen explicou que 45 das denuncias tramitadas corresponden á semana pasada.

Como parte máis doce da actuación policial, tamén se deu conta na Comisión de que ata o momento se felicitaron 65 veciños e veciñas (menores de idade ou maiores de 75) dende que fai semana e media arrancou esta iniciativa, co reincorporado axente Jesús Millán ao cargo tras interromper voluntariamente a súa xubilación.

Agradecementos
Precisamente, unha das entidades ás que se expresou a gratitude do Concello foi a tenda Don Glotón pola súa aportación de chucherías destinadas aos nenos e nenas que están de aniversario. Tamén se agradeceu a colaboración de Sanimóvil (que doou mascarillas) e Decoración Laguerzza (por ofrecerse á confección de mascarillas).